Sony Xperia M - Acerca de Álbum

background image

Acerca de Álbum

Use o Álbum para ver fotos e reproducir vídeos tomados coa cámara, ou para ver

contido similar gardado no seu dispositivo. Pode engadir xeoetiquetas nas súas fotos e

vídeos, e velas nun mapa mundial. No Álbum tamén pode ver as fotos e os vídeos que

cargara a un servizo en liña, por exemplo, a un álbum web de Picasa™ ou a

Facebook™.
Desde o Álbum, pode compartir as súas fotos e vídeos preferidos cos seus amigos a

través da tecnoloxía sen fíos Bluetooth™, correo electrónico, mensaxería ou outros

servizos en liña. Ademais, pode realizar tarefas básicas de edición nas fotos e axustalas

como fondo ou imaxe de contactos.

Descrición xeral do separador Álbum

Os seguintes separadores están dispoñibles en Álbum:

Imaxes – ver todas as fotos e vídeos gardados no seu dispositivo.

Os meus álb. – ver os seus álbums online e todas as fotos e videoclips xeoetiquetados

nun mapa mundial.

Para abrir Álbum

1

Desde a Pantalla de inicio, pulse .

2

Localice e pulse

Álbum.

Se a orientación da pantalla non cambia automaticamente cando inclina o seu dispositivo

cara a un lado, marque a caixa de verificación

Xirar automaticam. a pantalla en Axustes >

Pantalla.