Ver fotos e vídeos gardados no separador
Imaxes
No separador
Imaxes no Álbum, pode ver as súas fotos e vídeos nunha vista de grade
de miniaturas.
Descrición xeral do separador Imaxes
1
Vista de grade de fotos e vídeos.
2
Vista das opcións do menú.
3
Desprácese cara arriba ou abaixo para ver contido.
75
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.
4
Pulse nunha foto ou nun vídeo para velo.
5
A data e o número de elementos do grupo que se amosa máis abaixo.
Para ver fotos e vídeos en vista de grade
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse
Álbum. Todas as fotos e os vídeos amósanse nunha grade
ordenada de xeito cronolóxico. Os vídeos sinálanse con .
3
Pulse nunha foto ou nun vídeo para velo.
4
Toque lixeiramente cara á esquerda para ver a seguinte foto ou vídeo. Toque
lixeiramente cara á dereita para ver a foto ou o vídeo anterior.
Se a orientación da pantalla non cambia automaticamente cando inclina o seu dispositivo
cara a un lado, marque a caixa de verificación
Xirar automaticam. a pantalla en Axustes >
Pantalla.
Para cambiar o tamaño das miniaturas no Álbum
•
Cando estea a ver miniaturas de fotos e vídeos no Álbum, afaste dous dedos para
aumentar o zoom ou xúnteos para reducilo.
Para traballar con lotes de fotos e vídeos no Álbum
1
Cando estea a ver miniaturas de fotos e vídeos no Álbum, pulse , entón pulse
Seleccionar elementos.
2
Pulse os elementos cos que desexa traballar. Os elementos seleccionados
aparecen indicados cun marco azul.
3
Use as ferramentas da barra da parte superior da pantalla para traballar cos
elementos seleccionados.
Para activar o modo de selección, tamén pode tocar e manter un elemento ata que o marco
se torne azul. Tamén pode pulsar outros elementos para seleccionalos.