Aplicación de copia de seguridade e restablecemento
Use a aplicación Copia de seguridade e restablecemento para efectuar copias de
seguridade do contido do teléfono na súa tarxeta de memoria ou nun dispositivo de
almacenamento USB. Ditas copias de seguridade poden empregarse para restablecer
os seus contidos e algunha configuración en caso de que se perdan ou eliminen os seus
datos.
Tipos de contido dos que pode efectuar copia de seguridade
Use a aplicación de copia de seguridade e restablecemento para efectuar unha copia de
seguridade dos seguintes tipos de datos:
•
Marcadores
•
Rexistro de chamadas
•
Contactos
•
Aplicacións descargadas de Google Play™
•
Mensaxes multimedia
•
Configuración do sistema (como configuración de alarmas, volume do son e idioma)
•
Mensaxes de texto
Non é necesario que efectúe unha copia de seguridade dos ficheiros de música e fotos ou
vídeos tomados coa cámara. A copia de seguridade se fai de xeito automático na tarxeta de
memoria do dispositivo.
É posible que incurra en custos adicionais de transmisión de datos cando restableza as
aplicacións de Google Play™.
Preparar o uso da aplicación Copia de seguridade e restablecemento
Antes de efectuar a copia de seguridade do seu contido, pode seleccionar o destino da
copia de seguridade e os tipos de datos dos que quere efectuar a copia de seguridade.
Para seleccionar o destino da copia de seguridade
1
Desde a súa Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse
Copia seg. e restablecer.
3
Pulse
Efectuar copia de seguridade.
4
Pulse a barra baixo
Onde almacenar datos.
5
Seleccione o destino no que quere efectuar a copia de seguridade do seu
contido.
112
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.
Para seleccionar os tipos de datos da copia de seguridade
1
Desde a súa Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse
Copia seg. e restablecer.
3
Pulse
Efectuar copia de seguridade.
4
Seleccione os tipos de datos dos que desexa facer unha copia de seguridade.
Para facer unha copia de seguridade do contido usando a aplicación Copia de
seguridade e restablecemento
1
Se está a facer unha copia de seguridade do contido nun dispositivo de
almacenamento USB, comprobe se o dispositivo de almacenamento está
conectado ao dispositivo utilizando o cable apropiado. Se está a facer unha copia
de seguridade nunha tarxeta SD, asegúrese de que a tarxeta SD está inserida
correctamente no dispositivo.
2
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
3
Localice e pulse
Copia seg. e restablecer.
4
Pulse
Efectuar copia de seguridade e logo seleccione un destino para a copia de
seguridade e os tipos de datos que quere copiar.
5
Pulse
Realizar copia de segur. agora.
6
Introduza un contrasinal para a copia de seguridade e pulse
Aceptar.
Restaurar o contido dunha copia de seguridade usando a aplicación
Copia de seguridade e restablecemento
Cando restaure contido da copia de seguridade, cómpre seleccionar un rexistro da
copia de seguridade desde o que facer o restablecemento. Se fixo copias de seguridade
do contido varias veces, é posible que teña varios rexistros de copias de seguridade.
Despois de seleccionar un rexistro de copia de seguridade, pode seleccionar o tipo de
datos que desexa restaurar.
Para restablecer contido usando a aplicación Copia de seguridade e restablecemento
1
Se está a restablecer contido desde un dispositivo de almacenamento USB,
comprobe que o dispositivo de almacenamento está conectado ao dispositivo
mediante un cable apropiado. Se está a restablecer contido desde una tarxeta
SD, comprobe que a tarxeta SD está inserida correctamente no dispositivo.
2
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
3
Localice e pulse
Copia seg. e restablecer.
4
Pulse
Restaurar.
5
Seleccione o rexistro que desexa restaurar e logo pulse
Restaurar agora.
6
Introduza un contrasinal para o rexistro de copia de seguridade e logo pulse
Aceptar.
Lembre que calquera cambio nos seus datos e axustes despois de crear unha copia de
seguridade se eliminará durante o procedemento de restablecemento.
Xestión dos rexistros de copia de seguridade
Pode eliminar ou renomear as copias de seguridade que faga usando a función Facer
copia de seguridade e restaurar.
Para renomear un rexistro de copia de seguridade
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse
Copia seg. e restablecer.
3
Prema e logo pulse
Admin. rex. de copia de seg..
4
Seleccione o rexistro de copia de seguridade que quere renomear.
5
Pulse .
6
Introduza un nome novo e pulse
Renomear.
113
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.
Para eliminar rexistros de copia de seguridade
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse
Copia seg. e restablecer.
3
Prema e logo pulse
Admin. rex. de copia de seg..
4
Seleccione o rexistro de copia de seguridade que desexe eliminar ou pulse se
desexa eliminar todas as grabacións.
5
Pulse >
Eliminar.