Detección de caras
Pode usar a detección de caras para enfocar unha cara descentrada. A cámara detecta
de xeito automático ata cinco caras, indicadas con marcos brancos. Un marco amarelo
amosa que cara vaise enfocar. O enfoque axústase á cara que está máis preto da
cámara. Tamén pode pulsar un dos marcos para seleccionar que cara desexa enfocar.
Para activar a detección de caras
1
Active a cámara.
2
Pulse a icona da esquina superior esquerda da pantalla e seleccione
Normal.
3
Para amosar todos os axustes, pulse .
4
Pulse
Modo de enfoque > Detección de caras.
Para tomar unha foto usando a detección de caras
1
Coa cámara aberta e a
Detección de caras activada, apunte a cámara cara ao
seu obxectivo. Poden detectarse e enmarcarse ata cinco caras.
2
Prema á metade a tecla da cámara. Un marco amarelo mostra as caras
enfocadas.
3
Para tomar unha foto, prema totalmente a tecla da cámara.