Sony Xperia M - Uso dos axustes da cámara fotográfica

background image

Uso dos axustes da cámara fotográfica

Para axustar a configuración da cámara fixa

1

Active a cámara.

2

Para amosar todos os axustes, pulse .

3

Seleccione o axuste que queira definir e despois edíteo como desexe.

Para personalizar o panel de axustes da cámara fixa

1

Coa cámara aberta, pulse para amosar todos os axustes.

2

Toque e manteña pulsado o axuste que desexe mover e arrástreo ata a posición

que desexe.

Se arrastra o axuste fóra do panel de axustes, o cambio se cancela.

Descrición xeral da configuración da cámara fixa

Normal

Cámara frontal

Seleccione a cámara frontal se desexa tomar autorretratos.

Efecto de imaxe

Aplica efectos a fotos.

Selección de escena

Use un tipo de escena preprogramada para establecer rapidamente a cámara en situacións comúns.

Varrido panorámico

Use este axuste para tirar fotos panorámicas. Só ten que pulsar a pantalla e mover a cámara sen

deterse dun lado ao outro.

66

Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.

background image

Resolución

Seleccione entre varios tamaños de imaxe e formatos antes de tirar unha foto. As fotos

cunha maior resolución ocupan máis memoria.

5 MP 4:3

Un tamaño de imaxe de 5 megapíxeles cun formato de 4:3. Este tamaño é axeitado para ver as fotos

en pantallas que non son anchas ou para imprimilas en alta resolución.

3 MP 16:9

Un tamaño de imaxe de 3 megapíxeles cun formato de 16:9. Este é un formato de pantalla ancha de

alta resolución. Ten unha resolución superior a Full HD. É axeitado para ver fotos en pantallas anchas.

2 MP 4:3

Un tamaño de imaxe de 2 megapíxeles cun formato de 4:3. Este tamaño é axeitado para ver fotos en

pantallas que non son anchas.

2 MP 16:9

Un tamaño de imaxe de 2 megapíxeles cun formato de 16:9. É axeitado para ver fotos en pantallas

anchas.

Flash

Use o flash para tirar fotos cando as condicións de iluminación sexan pobres ou haxa luz

de fondo.

Auto

A cámara determina de xeito automático se as condicións de iluminación precisan do uso dun flash.

Flash de recheo

Use este axuste cando o fondo teña máis brillo que o suxeito. Isto elimina as sombras non desexadas.

Desactivado

O flash está desactivado. Ás veces a calidade da foto é mellor sen o flash, mesmo en condicións de

pouca iluminación. Para sacar unha boa foto sen utilizar o flash, cómpre dispoñer dunha man firme.

Use o temporizador para evitar tirar fotos borrosas.

Reduc. ollos vermellos

Reduce a cor vermella dos ollos ao tirar unha foto.

Disparador automático

Co disparador automático pódense sacar fotos sen necesidade de suxeitar o

dispositivo. Use esta función para facer autorretratos ou fotos de grupo nas que todos

desexen saír na foto. Tamén pode utilizar o disparador automático para evitar mover a

cámara ao facer fotos.

Activado (10 s.)

Establécese unha demora de 10 segundos desde o momento en que se pulsa a pantalla da cámara ata

que se tira a foto.

Activado (2 s.)

Establécese unha demora de 2 segundos desde o momento en que se pulsa a pantalla da cámara ata

que se tira a foto.

Desactivado

A foto tírase en canto se pulsa a pantalla da cámara.

Smile Shutter™

Use a función Smile Shutter para determinar con que tipo de sorriso reacciona a cámara

antes de tirar unha foto.

Inicio rápido

Use a configuración de inicio rápido para iniciar a cámara desde a pantalla de bloqueo.

Se o dispositivo está no modo de suspensión da cámara, prema a tecla da cámara.

Iniciar e capturar

Ao manter premida a tecla da cámara, a primeira foto captúrase de xeito inmediato en canto a cámara

se inicia desde o modo de hibernación.

67

Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.

background image

Só iniciar (cámara fixa)

Ao manter premida a tecla da cámara, iníciase a cámara fixa desde o modo de hibernación.

Iniciar e gravar vídeo

Ao manter premida a tecla da cámara, o primeiro vídeo faise inmediatamente despois de iniciar a

videocámara desde o modo de hibernación.

Só iniciar (videocámara)

Ao manter premida a tecla da cámara, iníciase a videocámara desde o modo de hibernación.

Desactivado

Modo de enfoque

A función de enfoque controla que parte dunha foto debe aparecer nítida. Cando o

enfoque automático continuo está activado, a cámara segue a axustar o enfoque de

xeito que a área interior do marco de enfoque amarelo permanece nítida.

Enfoq. autom. puntual

A cámara enfoca de xeito automático ao suxeito seleccionado. O enfoque automático continuo está

activado. Toque e manteña pulsada a pantalla da cámara ata que o marco amarelo de enfoque se volva

azul, o que quere dicir que o enfoque está axustado. A foto tírase cando se levanta o dedo.

Detección de caras

A cámara detecta de xeito automático ata cinco caras humanas, indicadas con marcos na pantalla. A

cámara enfoca de xeito automático a cara máis próxima. Tamén pode seleccionar que cara desexa

enfocar pulsando sobre ela na pantalla. Cando pulsa a pantalla da cámara, aparece un marco azul que

amosa a cara que está a ser enfocada. A detección de caras non pode usarse con todos os tipos de

escenas. O enfoque automático continuo está activado.

Enfoque táctil

Toque unha zona concreta da pantalla da cámara para axustar a zona de enfoque. O enfoque

automático continuo está desactivado. Toque e manteña pulsada a pantalla da cámara ata que o marco

amarelo de enfoque se volva azul, o que quere dicir que o enfoque está axustado. A foto tírase cando

se levanta o dedo.

Este axuste só está dispoñible no modo de captura

Normal.

Valor de exposición

Determine a cantidade de luz na foto que quere tirar. Un valor máis alto indica un aumento na cantidade

de luz.

Este axuste só está dispoñible no modo de captura

Normal.

HDR

Use o axuste HDR (High Dynamic Range) para tomar unha foto a contraluz ou en

condicións onde haxa moito contraste. O HDR compensa a perda de detalle e crea

unha imaxe que amosa as zonas escura e brillante.

Este axuste só está dispoñible no modo de captura

Normal.

Balance de brancos

A configuración do balance de brancos axusta o equilibrio de cor segundo as condicións

de iluminación.

Automático

Axusta o balance de cor de xeito automático segundo as condicións de iluminación.

Incandescente

Axusta o balance de cor en condicións de iluminación cálidas, como baixo lámpadas de luz.

Fluorescente

Axusta o balance de cor para a iluminación fluorescente.

Sol

Axusta o balance de cor para exteriores con ceo soleado.

68

Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.

background image

Nubrado

Axusta o balance de cor para ceos nubrados.

Este axuste só está dispoñible no modo de captura

Normal.

ISO

Pode reducir o aspecto borroso dunha imaxe causado por condicións escuras ou

obxectos en movimiento aumentando a sensibilidade ISO.

Auto

Establece a sensibilidade ISO de xeito automático.

100

Establece a sensibilidade ISO en 100.

200

Establece a sensibilidade ISO en 200.

400

Establece a sensibilidade ISO en 400.

800

Establece a sensibilidade ISO en 800.

Este axuste só está dispoñible no modo de captura

Normal.

Medición

Esta función determina de xeito automático unha exposición equilibrada ao medir a

cantidade de luz que chegará á imaxe que quere capturar.

Central

Axusta a exposición no centro da imaxe.

Compensada

Calcula a exposición baseada na cantidade de luz de toda a imaxe.

Puntual

Axusta a exposición nunha pequena parte da imaxe que quere capturar.

Este axuste só está dispoñible no modo de captura

Normal.

Estabilizador de imaxes

Cando se tira unha foto, pode ser difícil suxeitar o dispositivo con firmeza. O

estabilizador de imaxes axúdalle compensando os movementos leves da man.

Xeoetiquetado

Etiquete fotos cos detalles do lugar onde se tiraron.

Activado

Cando está activado o xeoetiquetado, a localización xeográfica aproximada engádese ás fotos que tira.

Para utilizar a xeoetiquetaxe tamén debe activar as características de localización no menú

Configuración. Para engadir xeoetiquetas a unha foto, cómpre determinar a localización antes de tirar a

foto. A localización está determinada cando aparece na pantalla da cámara. Cando o dispositivo
estea a procurar a súa posición, aparece .

Desactivado

Cando o xeoetiquetado está desactivado, non pode ver a localización na que está a tirar unha foto.

Carga automática

Carga automaticamente actualizacións de fotos nun servizo de rede social (SNS)

preseleccionado.

69

Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.

background image

Captura táctil

Identifique unha zona de enfoque concreta tocando a pantalla da cámara co dedo. A

foto tírase en canto levanta o dedo. Este axuste só está dispoñible cando o modo de

enfoque está axustado para enfocar ao tocar.

Activado

Desactivado

Son de foto

Escolla activar ou desactivar o son ao gravar un vídeo.

Almacenamento de datos

Pode escoller gardar os seus datos tanto nunha tarxeta SD extraíble como no

almacenamento interno do seu dispositivo.

Almacenamento interno

As fotos ou vídeos se gardan na memoria do dispositivo.

Tarxeta SD

As fotos ou vídeos se gardan na tarxeta SD.