Utilizar a videocámara
Para gravar un vídeo usando a tecla da cáamara
1
Active a cámara.
2
Para iniciar a gravación dun vídeo, pulse a tecla da cámara.
3
Para deter a gravación, prema a tecla da cámara de novo.
Grave os seus vídeos con orientación horizontal para obter mellores resultados.
Para gravar un vídeo ó pulsar a pantalla
1
Active a cámara.
2
Apunte coa cámara cara ó asunto.
3
Pulse para iniciar a gravación.
4
Pulse para deter a gravación.
Grave os seus vídeos con orientación horizontal para obter mellores resultados.
Para reproducir vídeos gravados
1
Active a cámara.
2
Pulse as miniaturaas na parte superior dereita da pantalla.
3
Toque lixeiramente cara á esquerda ou á dereita para navegar por todos os
ficheiros de imaxes e vídeos. Os vídeos identifícanse con .
4
Pulse para reproducir un vídeo.
5
Para deter a reprodución de vídeo, ou .
Para eliminar un vídeo gravado
1
Navegue ata o vídeo que desexa eliminar.
2
Pulse un área baleira da pantalla para facer aparecer .
3
Pulse .
4
Pulse
Eliminar para confirmar.
70
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.
Utilizar a configuración da videocámara
Para axustar a configuración da videocámara
1
Active a cámara.
2
Pulse nunha das iconas de configuración que aparece na pantalla.
3
Para amosar todos os axustes, pulse .
4
Seleccione o axuste que queira axustar e faga os seus cambios.
Para personalizar o panel de axustes da videocámara
1
Coa videocámara aberta, pulse para amosar todos os axustes.
2
Toque e manteña o axuste que desexe mover e arrástreo ata a posición que
desexe.
Se arrastra o axuste fóra do panel de axustes, o cambio se cancela.
Descrición xeral da configuración da videocámara
Videocámara
Seleccione a videocámara se desexa gravar vídeos.
Vídeo frontal
Seleccione o vídeo frontal se desexa gravar vídeos de autorretrato.
Escenas
A característica Escenas axúdalle a axustar de forma rápida a cámara para as situacións
habituais usando escenas preprogramadas. A cámara determina unha serie de
configuracións para axeitarse á escena seleccionada e garantir a obtención do mellor
vídeo posible.
Desactivado
A característica Escenas está desactivada e pode gravar vídeos de xeito manual.
Instantánea suave
Úsase para gravar vídeos con fondos suaves.
Paisaxe
Úseo para vídeos de paisaxes. A cámara enfoca obxectos distantes.
Noite
Cando está activado, a sensibilidade da luz aumenta. Úseo en ambientes con pouca iluminación. Os
vídeos con obxectos que se moven rapidamente poden verse desenfocados. Manteña a man con
firmeza, ou ben use un soporte. Desactive o modo noite cando as condicións de iluminación sexan
boas para aumentar a calidade do vídeo.
Praia e neve
Úseo en ambientes con moita luz para evitar vídeos subexpostos.
Deporte
Úseo para vídeos de obxectos en movemento rápido. Un tempo de exposición curto minimiza o
aspecto borroso da imaxe causado polo movemento.
Festa
Úseo para vídeos en interiores en ambientes con pouca iluminación. Esta escena recolle a iluminación
de fondo ou das velas. Os vídeos con obxectos que se moven rapidamente poden verse
desenfocados. Manteña a man con firmeza, ou ben use un soporte.
Resolución do vídeo
Axuste a resolución do vídeo para diferentes formatos.
1280×720(16:9)
HD (Alta Definición) con formato de 16:9. 1280×720 píxeles.
640×480(4:3)
VGA con formato 4:3. 640x480 píxeles.
320×240(4:3)
Cuarto de VGA con formato de 4:3. 320x240 píxeles.
71
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.
176×144(11:9)
Permite gravar vídeos axeitados para o envío en mensaxes multimedia. O tempo de gravación deste
formato de vídeo está limitado para adaptarse a unha mensaxe multimedia.
Foco
Use o foco para gravar vídeos cando as condicións de iluminación sexan pobres ou
haxa unha luz de fondo.
Activado
Desactivado
Ás veces a calidade do vídeo é mellor sen o foco, mesmo en condicións de pouca iluminación.
Disparador automático
Co temporizador pode gravar vídeos sen necesidade de suxeitar o dispositivo. Úseo
para gravar vídeos en grupo nos que todo o mundo desexa aparecer. Tamén pode usar
o temporizador para evitar mover a cámara ao gravar vídeos.
Activado (10 s.)
Establécese unha demora de 10 segundos desde o momento en que se pulsa a pantalla da cámara ata
que comeza a gravarse o vídeo.
Activado (2 s.)
Establécese unha demora de 2 segundos desde o momento en que se pulsa a pantalla da cámara ata
que comeza a gravarse o vídeo.
Desactivado
O vídeo comeza a gravarse en canto se pulsa a pantalla da cámara.
Inicio rápido
Use a configuración de inicio rápido para iniciar a cámara desde a pantalla de bloqueo.
Se o dispositivo está no modo de suspensión da cámara, prema a tecla da cámara.
Iniciar e capturar
Ao manter premida a tecla da cámara, a primeira foto captúrase de xeito inmediato en canto a cámara
se inicia desde o modo de hibernación.
Só iniciar (cámara fixa)
Ao manter premida a tecla da cámara, iníciase a cámara fixa desde o modo de hibernación.
Iniciar e gravar vídeo
Ao manter premida a tecla da cámara, o primeiro vídeo faise inmediatamente despois de iniciar a
videocámara desde o modo de hibernación.
Só iniciar (videocámara)
Ao manter premida a tecla da cámara, iníciase a videocámara desde o modo de hibernación.
Desactivado
Modo de enfoque
O axuste do enfoque controla que parte dun vídeo debe aparecer nítida. Cando o
enfoque automático continuo está activado, a cámara segue a axustar o enfoque de
xeito que a área interior do marco de enfoque branco permanece nítida.
Enfoq. autom. puntual
A cámara enfoca de xeito automático ao suxeito seleccionado. O enfoque automático continuo está
activado.
Detección de caras
A cámara detecta de xeito automático ata cinco caras humanas, indicadas con marcos na pantalla. A
cámara enfoca de xeito automático a cara máis próxima. Tamén pode seleccionar que cara desexa
enfocar pulsando sobre ela na pantalla. Cando pulsa a pantalla da cámara, aparece un marco verde
que amosa a cara que está a ser enfocada. A detección de caras non pode usarse con todos os tipos
de escenas. O enfoque automático continuo está activado.
72
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.
Valor de exposición
Este axuste permítelle determinar a cantidade de luz na imaxe que captura. Un valor máis alto indica un
aumento na cantidade de luz.
Balance de brancos
A configuración do balance de brancos axusta o equilibrio de cor segundo as condicións
de iluminación.
Automático
Axusta o balance de cor de xeito automático segundo as condicións de iluminación.
Incandescente
Axusta o balance de cor en condicións de iluminación cálidas, como baixo lámpadas de luz.
Fluorescente
Axusta o balance de cor para a iluminación fluorescente.
Sol
Axusta o balance de cor para exteriores con ceo soleado.
Nubrado
Axusta o balance de cor para os ceos nubrados.
Medición
Esta función determina de xeito automático unha exposición equilibrada ao medir a
cantidade de luz que chegará á imaxe que quere capturar.
Central
Para axustar a exposición no centro do visor.
Compensada
Para calcular a exposición en base á cantidade de luz de todo o visor.
Puntual
Para axustar a exposición nunha pequena parte da imaxe que quere capturar.
Estabilizador de imaxes
Cando se grava un vídeo, pode ser difícil suxeitar o dispositivo con firmeza. O
estabilizador de imaxes axúdalle compensando os movementos leves da man.
Xeoetiquetado
Etiquete videos cos detalles do lugar onde se tomaron.
Activado
Cando está activado o xeoetiquetado, a localización xeográfica aproximada engádese aos vídeos que
toma. Para utilizar a xeoetiquetaxe tamén debe activar as características de localización no menú
Configuración. Para engadir xeoetiquetas a un vídeo, cómpre determinar a localización antes de tomar
o vídeo. A localización está determinada cando aparece na pantalla da cámara. Cando o dispositivo
estea a procurar a súa posición, aparece .
Desactivado
Cando o xeoetiquetado está desactivado, non pode ver a localización na que está a tomar un vídeo.
Micrófono
Permite seleccionar se desexa recoller o son de arredor durante a gravación de vídeos.
Captura táctil
Identifique unha zona de enfoque concreta tocando a pantalla da cámara co dedo. A
foto tírase en canto levanta o dedo. Este axuste só está dispoñible cando o modo de
enfoque está axustado para enfocar ao tocar.
73
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.
Activado
Desactivado
Son de foto
Escolla activar ou desactivar o son ao gravar un vídeo.
Almacenamento de datos
Pode escoller gardar os seus datos tanto nunha tarxeta SD extraíble como no
almacenamento interno do seu dispositivo.
Almacenamento interno
As fotos ou vídeos se gardan na memoria do dispositivo.
Tarxeta SD
As fotos ou vídeos se gardan na tarxeta SD.
74
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.