Multichamada
Cunha multichamada ou chamada con varios participantes pode manter á vez unha
conversa con dúas persoas ou máis.
Para obter detalles sobre o número de participantes que pode engadir a unha multichamada,
contacte co seu fornecedor de rede.
38
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.
Para realizar unha multichamada
1
Durante unha chamada en curso, pulse
Teclado.
2
Marque o número do segundo participante e pulse
Chamar. Cando o segundo
participante contesta, o primeiro participante ponse en espera.
3
Pulse para engadir o segundo participante á multichamada.
4
Repita os pasos 1 a 3 para engadir máis participantes.
Para manter unha conversa privada cun participante dunha multichamada
1
Durante unha multichamada en curso, pulse
{0} participantes.
2
Pulse o número de teléfono do participante co que quere falar en privado.
3
Para rematar a conversa privada e volver á multichamada, pulse .
Para botar a un participante dunha multichamada
1
Durante unha multichamada en curso, pulse o botón que amosa o número de
participantes. Por exemplo, pulse
3 participantes se hai tres participantes.
2
Pulse a icona situada a carón do participante que quere botar.
Para finalizar unha multichamada
•
Durante a chamada pulse .