Sony Xperia M - Conectar a redes sen fíos

background image

Conectar a redes sen fíos

Pode acceder á Internet sen fíos desde o seu dispositivo mediante a tecnoloxía Wi-Fi®.

Deste xeito pode navegar pola web e compartir ficheiros multimedia sobre a mesma

rede Wi-Fi® con outros dispositivos DLNA Certified™, por exemplo, televisores e

ordenadores.
Se a súa empresa ou organización dispón dunha rede privada virtual (VPN), pode

conectarse a ela co seu dispositivo. Deste xeito pode usar unha VPN para acceder ás

Intranet e outros servizos internos da súa empresa.

Antes de usar Wi-Fi®

Para navegar pola Internet utilizando unha conexión Wi-Fi®, cómpre procurar e

conectarse a unha rede Wi-Fi® dispoñible e despois abrir o navegador da Internet. A

cobertura da rede Wi-Fi® pode variar en función da localización do dispositivo.

Achéguese máis ao punto de acceso Wi-Fi® para aumentar a cobertura.

Para activar a Wi-Fi®

1

Desde a Pantalla de inicio, pulse .

2

Localice e pulse

Axustes.

3

Arrastre o botón escorregadizo ao carón de

Wi-Fi cara á dereita para activar a

función Wi-Fi®.

Poden transcorrer uns segundos ata que se active o Wi-Fi®.

Para conectarse a unha rede Wi-Fi®

1

Desde a Pantalla de inicio pulse .

2

Localice e pulse

Axustes.

3

Asegúrese de que a función Wi-Fi® estea activada. Pulse

Wi-Fi.

4

Se amosan as redes Wi-Fi® dispoñibles. As redes dispoñibles poden ser abertas

ou estar protexidas. As redes abertas indícanse con e as redes protexidas

indícanse con xunto ao nome de rede Wi-Fi®.

5

Pulse nunha rede Wi-Fi® para conectarse a ela. Se intenta conectarse a unha

rede protexida, pediráselle que introduza un contrasinal. amósase na barra de

estado en canto se teña conectado.

O seu dispositivo lembra redes Wi-Fi® ás que se conecta. A vindeira ocasión que entre dentro

do espazo de cobertura dunha rede Wi-Fi® á que se conectou con anterioridade, o seu

dispositivo conectarase a ela automaticamente.

Nalgunhas localizacións, abrir as redes Wi-Fi® require que inicie sesión nunha páxina web

antes de que poda acceder á rede. Contacte co administrador da rede Wi-Fi®

correspondente para obter máis información.

Para conectarse a outra rede Wi-Fi®

1

Desde a Pantalla de inicio, pulse .

2

Localice e pulse

Axustes > rede sen fíos. Amósanse as redes Wi-Fi® detectadas.

3

Pulse outra rede Wi-Fi® para conectarse a ela.

Para escanear manualmente redes Wi-Fi®

1

Desde a Pantalla de inicio, pulse .

2

Localice e pulse

Axustes > rede sen fíos.

3

Prema e logo pulse

Explorar.

4

Para conectarse a unha rede Wi-Fi®, pulse no nome da rede.

90

Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.

background image

Para engadir unha rede Wi-Fi® manualmente

1

Asegúrese de que o Wi-Fi® estea activado.

2

Desde a Pantalla de inicio pulse .

3

Localice e pulse

Axustes > Wi-Fi.

4

Pulse

.

5

Introduza o

SSID de rede da rede.

6

Pulse o campo

Seguridade para seleccionar un tipo de seguridade.

7

Se é necesario, introduza un contrasinal.

8

Pulse

Gardar.

O nome da rede Wi-Fi® indícase como SSID, ESSID, punto de acceso, etc. Contacte co

administrador da súa rede Wi-Fi® para obter o nome SSID da rede e o contrasinal.

Configuración avanzada de Wi-Fi®

Estado da rede Wi-Fi®

Cando está conectado a unha rede Wi-Fi® ou hai redes Wi-Fi® dispoñibles preto de

vostede, pode ver o estado desas redes Wi-Fi®. Tamén pode activar o dispositivo para

recibir unha notificación cando detecte unha rede Wi-Fi® aberta.

Para activar as notificacións de rede Wi-Fi®

1

Active o Wi-Fi®, se aínda non o está.

2

Desde a Pantalla de inicio, pulse .

3

Localice e pulse

Axustes > rede sen fíos.

4

Prema .

5

Pulse

Avanzados.

6

Marque a caixa de verificación

Notificación de rede.

Para ver información detallada sobre unha rede Wi-Fi® conectada

1

Desde a Pantalla de inicio pulse .

2

Localice e pulse

Axustes > rede sen fíos.

3

Pulse a rede Wi-Fi® á que estea conectado no momento. Aparecerá información

detallada sobre a rede.

Política de hibernación de Wi-Fi®

Ao engadir unha política de hibernación de Wi-Fi®, pode especificar cando cambiar do

Wi-Fi® á conexión móbil de datos.

Se non está conectado a unha rede Wi-Fi®, o dispositivo usa a conexión móbil de datos para

acceder á Internet (se configurou e activou unha conexión móbil de datos no dispositivo).

Para engadir unha política de hibernación de Wi-Fi®

1

Desde a Pantalla de inicio pulse .

2

Localice e pulse

Axustes > rede sen fíos.

3

Prema .

4

Pulse

Avanzada.

5

Pulse

Manter Wi-Fi activa durante suspens..

6

Seleccione unha opción.

Wi-Fi Direct™

Use Wi-Fi Direct™ para conectarse a outros dispositivos directamente, sen unirse a

unha rede tradicional da casa, oficina ou punto de conexión. Por exemplo, pode activar

o seu dispositivo para conectarse directamente a un ordenador de xeito que poda

acceder ó contido do mesmo desde o seu dispositivo. Os dispositivos que comparten

contido deben ter unha certificación Wi-Fi Direct™.

91

Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.

background image

Para activar Wi-Fi Direct™

1

Asegúrese de que o seu dispositivo ten acendida a función Wi-Fi®.

2

Desde a Pantalla de inicio, pulse .

3

Localice e pulse

Axustes > rede sen fíos.

4

Toque >

Wi-Fi Direct.

Redes privadas virtuais (VPN)

Utilice o seu dispositivo para conectarse a redes privadas virtuais (VPN), que lle permiten

acceder a recursos situados dentro dunha rede local protexida dende fóra da rede real.

Por exemplo, as sociedades anónimas e as institucións educativas utilizan comunmente

conexións VPN para usuarios que teñen que acceder a intranets e outros servizos

internos cando están fóra da rede interna, por exemplo, cando están a viaxar.
As conexións VPN poden configurarse de moitos xeitos, dependendo da rede. É posible

que algunhas redes requiran que transfira e instale un certificado de seguridade no seu

dispositivo. Para obter información detallada sobre como configurar unha conexión á

súa rede privada virtual, contacte co administrador de rede da súa compañía ou

organización.

Para engadir unha rede privada virtual (VPN)

1

Desde a Pantalla de inicio, pulse .

2

Localice e pulse

Axustes > Máis... > VPN.

3

Pulse

Engadir perfil de VPN.

4

Seleccione o tipo de VPN que desexa engadir.

5

Introduza os axustes da VPN.

6

Pulse

Gardar.

Para conectarse a unha rede privada virtual (VPN)

1

Desde a Pantalla de inicio, pulse .

2

Localice e pulse

Axustes > Máis... > VPN.

3

Na lista de redes dispoñibles, pulse a VPN á que desexa conectarse.

4

Introduza a información requirida.

5

Pulse

Conectar.

Para desconectarse dunha rede privada virtual

1

Arrastre a barra de estado cara a abaixo.

2

Pulse a notificación da conexión VPN para desactivala.