Transferir e xestionar contido utilizando un cable USB
Use unha conexión con cable USB entre o seu ordenador e o dispositivo para transferir
e xestionar de xeito sinxelo os seus ficheiros. En canto dous dispositivos están
conectados, pode arrastrar e soltar contido do seu dispositivo ao ordenador, ou do
almacenamento interno do seu dispositivo á tarxeta SD usando o explorador de ficheiros
do seu ordenador.
Para transferir contido entre un dispositivo e un ordenador usando un cable USB
1
Usando un cable USB, conecte o dispositivo a un ordenador.
Almacenamento
interno e tarxeta SD conectados aparece na barra de estado na pantalla do
dispositivo.
2
Ordenador: abra o Explorador de Microsoft® Windows® desde o escritorio e
agarde ata que o almacenamento interno do dispositivo e a tarxeta SD aparezan
como discos externos no Explorador de Microsoft® Windows®.
3
Ordenador: arrastre e solte os ficheiros que desexe entre o dispositivo e o
ordenador.