Transferir contactos cun ordenador
Xperia™ Transfer é unha aplicación que axuda a recoller os contactos do seu dispositivo
antigo e transferilos ao novo dispositivo. Xperia™ Transfer, á que pode acceder desde o
software Xperia™ Companion, é compatible con dispositivos móbiles con iOS/iCloud e
Android™. Se está a cambiar dun dispositivo iOS, a función App Matching suxire os
equivalentes en Android das súas aplicacións en iOS.
Para usar Xperia™ Transfer, precisa:
•
Un ordenador conectado a Internet.
•
O seu novo dispositivo Android™.
•
Un cable USB para o novo dispositivo Android™.
•
O dispositivo antigo.
•
Un cable USB para o dispositivo antigo.
É posible que non necesite o seu antigo dispositivo. Para os dispositivos iOS, pode
conectarse directamente a iCloud ou usar unha copia de seguridade local. Para dispositivos
Sony anteriores, pode usar copias de seguridade locais.
Para transferir contactos ao seu novo dispositivo
1
Procure e descargue Xperia™ Companion para Windows en
http://support.sonymobile.com/tools/xperia-companion ou Xperia™ Companion
para Mac en http://support.sonymobile.com/tools/xperia-companion-mac se
aínda non instalou o software.
2
Cun cable USB, conecte o dispositivo ao ordenador.
3
Despois dunha correcta instalación, abra o software Xperia™ Companion no caso
de que non se executase de xeito automático, e logo faga clic en
Xperia™
Transfer
e siga as instrucións correspondentes para transferir os seus contactos.