Sony Xperia M - Configuración de rede móbil

background image

Configuración de rede móbil

O dispositivo cambia automaticamente de rede móbil segundo as redes móbiles que

estean dispoñibles nos diferentes lugares. Tamén pode facer que o dispositivo se

conecte a un tipo concreto de rede móbil, por exemplo, WCDMA ou GSM.

Para seleccionar un tipo de rede

1

Desde a Pantalla de inicio, pulse .

2

Localice e pulse

Axustes > Máis... > Redes móbiles.

3

Pulse

Modo de rede.

4

Seleccione un tipo de rede.

Para seleccionar outra rede manualmente

1

Desde a Pantalla de inicio pulse .

2

Localice e pulse

Axustes > Máis... > Redes móbiles > Operadores de rede.

3

Pulse

Modo de busca > Manual.

4

Seleccione unha rede.

Se selecciona unha rede manualmente, o dispositivo non procurará outras redes, aínda que

saia da cobertura da rede seleccionada manualmente.

Para activar a selección automática de rede

1

Arrastre a barra de estado cara abaixo e pulse .

2

Localice e pulse

Máis... > Redes móbiles > Operadores de rede.

3

Pulse

Modo de busca > Automático.

Desactivar o tráfico de datos

Pode desactivar todas as conexións de datos sobre redes móbiles para evitar calquera

descarga e sincronización de datos non desexados. Contacte co seu operador de rede

se necesita obter información detallada do seu plan de subscrición e dos custos do

tráfico de datos.

Cando o tráfico de datos está desactivado, aínda pode usar as conexións Wi-Fi® e

Bluetooth™. Tamén pode enviar e recibir mensaxes multimedia.

Para desactivar todo o tráfico de datos

1

Desde a Pantalla de inicio, pulse .

2

Localice e pulse

Axustes > Máis... > Redes móbiles.

3

Desmarque a caixa de verificación

Tráfico de datos móbiles.

31

Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.

background image

Itinerancia de datos

Algúns operadores de rede permiten conexións móviles de datos a través de redes

móviles cando está fóra da súa rede doméstica (itinerancia). Lembre que quizais se

apliquen custos pola transmisión de datos. Contacte co seu operador de rede para

obter máis información.

Ás veces, as aplicacións poden usar a conexión á Internet na súa rede doméstica sen

notificarllo, por exemplo, ao enviar solicitudes de procura e sincronización. Quizais se apliquen

custos adicionais polas conexións á Internet cando estea en itinerancia. Póñase en contacto

co seu operador de rede para obter máis información.

Para activar a itinerancia de datos

1

Desde a Pantalla de inicio, pulse .

2

Localice e pulse

Axustes > Máis... > Redes móbiles.

3

Marque a caixa de verificación

Itinerancia de datos.

Non pode activar a itinerancia de datos cando as conexións de datos están desactivadas.

32

Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.