Sony Xperia M - Escribir texto

background image

Escribir texto

Teclado en pantalla

Pulse as teclas do teclado QWERTY en pantalla para inserir texto comodamente.

Algunhas aplicacións abren automaticamente o teclado en pantalla. Tamén pode abrir

este teclado tocando un campo de texto.

Utilizar o teclado en pantalla

1 Permite cambiar entre maiúsculas i minúsculas e activa o bloqueo de maiúsculas. Nalgúns idiomas, esta

tecla úsase para acceder aos caracteres extra do idioma.

2 Permite pechar a vista do teclado en pantalla. Teña en conta que esta icona non aparece no modo

vertical.

3 Permite amosar números e símbolos.

4 Permite personalizar o seu teclado. Esta tecla desaparece logo de personalizar o teclado.

5 Permite introducir un espazo.

6 Permite introducir un retorno de carro ou confirmar a entrada de texto.

21

Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.

background image

7 Permite eliminar un carácter antes do cursor.

As ilustracións que figuran no manual serven unicamente para ilustrar o dispositivo e pode que

non describan con precisión o aspecto real do mesmo.

Para amosar o teclado en pantalla para inserir texto

Pulse un campo de entrada de texto.

Para ocultar o teclado en pantalla

Cando o teclado en pantalla estea aberto, prema

.

Para personalizar o teclado en pantalla

1

Abra o teclado en pantalla, entón pulse .

2

Siga as instrucións para personalizar o seu teclado en pantalla.

Se non marca a caixa de verificación

Tecla de cariña ao personalizar o teclado en pantalla, a

icona do sorriso non aparecerá.

Para usar o teclado en pantalla en orientación horizontal

Cando insira texto, xire o dispositivo de lado.

Para que o teclado admita esta característica, a aplicación que estea a usar debe ser

compatible co modo horizontal e a configuración de orientación da pantalla debe estar en

automática.

Para inserir texto usando o teclado en pantalla

Para inserir un carácter visible no teclado, pulse o carácter.

Para inserir unha variante do carácter, toque e manteña un carácter normal do

teclado para obter unha lista das opcións dispoñibles e, a continuación,

seleccione o carácter que desexe. Por exemplo, para inserir "é", toque e manteña

"e" ata que aparezan outras opcións. A continuación, mentres mantén o seu dedo

premido no teclado, arrástreo ata "é" e seleccione ese carácter.

Para cambiar entre maiúsculas e minúsculas

Antes de inserir unha letra, pulse para cambiar a maiúsculas , ou viceversa.

Para activar o bloqueo de maiúsculas

Antes de inserir unha palabra, pulse ou ata que apareza .

Para inserir números ou símbolos

Cando insira texto, pulse . Aparece un teclado con números e símbolos. Pulse

para ver máis opcións.

Para introducir os signos de puntuación comúns

1

Cando remate de introducir unha palabra, pulse na barra espazadora.

2

Seleccione un signo de puntuación da barra de opcións. O signo seleccionado

insírese antes do espazo.

Para introducir rapidamente un punto, pulse a barra espazadora dúas veces cando remate de

introducir unha palabra.

Para eliminar caracteres

Pulse para colocar o cursor despois do caracter que desexa eliminar, entón pulse

.

Para inserir un retorno de carro

Ó inserir texto, pulse

para inserir un retorno de carro.

22

Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.

background image

Para seleccionar texto

1

Introduza algún texto, logo pulse e manteña o texto. A palabra que pulse resáltase

con separadores en ambos lados.

2

Prema o separador esquerdo ou dereito para seleccionar máis texto.

Para editar texto en orientación horizontal

1

Introduza algún texto, logo pulse dúas veces o texto introducido.

2

Seleccione o texto co que quere traballar, pulse

Editar… e seleccione unha

opción.

Para editar texto en orientación vertical

1

Introduza algún texto, logo pulse dúas veces o texto introducido para que apareza

a barra de aplicacións.

2

Seleccione o texto que quere editar, logo use a barra de aplicacións para realizar

os cambios que desexe.

Barra de aplicacións

1

Cerrar a barra de aplicacións

2

Seleccionar todo o texto

3

Cortar texto

4

Copiar texto

5

Pegar texto

só aparece cando hai texto almacenado no portapapeis.

Usar a función Método de entrada por trazos para escribir palabras

Pode introducir texto desprazando o dedo polas letras no teclado en pantalla.

Método de entrada por trazos só está dispoñible cando use o teclado en pantalla.

Para introducir texto usando a función Método de entrada por trazos

1

Cando utilice o teclado en pantalla para introducir texto, desprace o seu dedo

polas letras para trazar a palabra que desexa escribir.

2

Levante o dedo cando remate de escribir unha palabra. Suxírese unha palabra de

acordo coas letras que trazou. Se é necesario, seleccione a palabra correcta da

barra de opcións.

3

Para ver máis opcións, desprácese cara á dereita ou á esquerda na barra de

palabras suxeridas. Se non consegue localizar a palabra desexada, pulse unha

vez para eliminar a palabra enteira. Despois volva tentar trazar a palabra usando a

función de entrada por trazos, ou pulse cada letra para introducir a palabra.

4

Se está activado o axuste

Espazo antes de despraz., trace a palabra seguinte

que desexe introducir. Se non, pulse na barra espazadora e trace a seguinte

palabra que desexe introducir.

Para introducir palabras compostas cando está activado o axuste

Espazo antes de despraz.,

é posible que precise introducir a primeira parte da palabra e despois pulsar cada letra para

introducir o resto da palabra.

23

Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.

background image

Para cambiar os axustes de Método de entrada por trazos

1

Cando insira texto mediante o teclado en pantalla, pulse .

2

Pulse e logo

Axustes do teclado.

3

Pulse

Axustes de entrada de texto.

4

Maque ou desmarque a caixa de verificación

Método de entrada por trazos.

5

Se desexa engadir automaticamente un espazo entre xestos sen ter que pulsar na

barra espazadora de cada vez, marque a caixa de verificación

Espazo antes de

despraz..

Teclado reducido

O teclado reducido é semellante ao teclado estándar de 12 teclas dos móbiles. Este

teclado ofrece texto preditivo e opcións de entrada de varias pulsacións. O método de

entrada de texto con teclado reducido actívase nos axustes do teclado. Este teclado só

está dispoñible en orientación vertical.

Uso do teclado reducido

1

Permite elixir unha opción de entrada de texto

2

Permite cambiar entre maiúsculas i minúsculas e activa o bloqueo de maiúsculas

3

Permite mostrar números

4

Permite mostrar símbolos e emoticonas

5

Permite inserir un espazo

6

Permite inserir un retorno de carro ou confirmar a entrada de texto

7

Permite eliminar un carácter antes do cursor

As ilustracións que figuran no manual serven unicamente para ilustrar o dispositivo e pode que

non describan con precisión o aspecto real do mesmo.

Para abrir o teclado reducido por primeira vez

1

Pulse nun campo de entrada de texto, despois pulse .

2

Pulse e logo

Axustes do teclado.

3

Pulse

Aparencia do teclado > Deseño do teclado.

4

Seleccione o teclado telefónico.

O teclado telefónico só pode usarse no modo vertical.

24

Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.

background image

Para inserir texto usando o teclado reducido

Cando aparece no teclado reducido, pulse cada tecla de carácter só unha vez,

aínda que a letra que precise non sexa a primeira letra da tecla. Pulse a palabra

que aparece ou pulse para ver máis suxestións de palabras e seleccionar unha

palabra da lista.

Cando aparece no teclado reducido, pulse a tecla en pantalla para escribir o

carácter que desexa inserir. Manteña premida esta tecla ata que o carácter

desexado estea seleccionado. Despois faga o mesmo para o carácter que queira

escribir a continuación e así sucesivamente.

Para inserir números usando o teclado reducido

Co teclado reducido aberto, pulse . Aparece un teclado reducido con números.

Para inserir símbolos e emoticonas usando o teclado reducido

1

Co teclado reducido aberto, pulse

. Aparece unha grade con símbolos e

emoticonas.

2

Desprácese cara a arriba ou abaixo para ver máis opcións. Pulse nun símbolo ou

emoticona para seleccionalo.

Axustes dos teclados QWERTY e reducido

Pode seleccionar diversos axustes para o teclado QWERTY en pantalla e o teclado

reducido como, por exemplo, o idioma de escritura e a corrección automática.

Para acceder aos axustes do teclado en pantalla e do teclado reducido

1

Cando introduza texto mediante o teclado en pantalla ou o teclado telefónico,

pulse ou .

2

Pulse e logo

Axustes do teclado.

Para engadir un idioma de escritura para a entrada de texto

1

Cando insira texto mediante o teclado en pantalla ou o teclado reducido, pulse

ou .

2

Pulse , logo pulse

Axustes do teclado.

3

Pulse

Idiomas > Idiomas de escritura e marque as casillas de verificación

correspondentes. Pulse

Aceptar para confirmar.

Axustes de entrada de texto

Ao introducir texto usando o teclado en pantalla ou o teclado telefónico, pode acceder a

un menú de axustes de entrada de texto que lle axuda a definir as opcións para a

predición do texto, o espazo automático e as correccións rápidas. Por exemplo, pode

establecer como deben presentarse as posibles palabras e como deben corrixirse as

palabras a medida que escribe. Tamén pode axustar a aplicación de entrada de texto

para que recorde as novas palabras que vostede escriba.

Para cambiar os axustes de entrada de texto

1

Cando introduza texto mediante o teclado en pantalla ou o teclado telefónico,

pulse ou .

2

Pulse , despois pulse

Axustes do teclado > Axustes de entrada de texto e

seleccione a configuración correspondente.

Introducir texto usando a entrada por voz

Cando introduza texto, pode usar a función de entrada por voz en lugar de escribir as

palabras. Só ten que pronunciar as palabras que quere inserir. A entrada por voz é unha

tecnoloxía experimental de Google™ e está dispoñible para varios idiomas e rexións.

25

Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.

background image

Para activar a entrada por voz

1

Cando introduza texto mediante o teclado en pantalla ou o teclado reducido,

pulse ou .

2

Pulse , logo pulse

Axustes do teclado.

3

Marque a caixa de verificación

Tecla de escr. de voz de Google.

4

Prema para gardar os axustes. A icona do micrófono aparece unha icona

dun micrófono no teclado en pantalla ou o teclado reducido.

Para introducir texto usando a entrada por voz

1

Abra o teclado en pantalla, entón pulse o teclado reducido.

2

Se está dispoñible, púlsea. Se non, toque e manteña a tecla de idioma de

entrada, por exemplo,

.

3

Cando aparece, fale para introducir texto. Cando remate, pulse de novo. O

texto suxerido aparece.

4

Edite o texto manualmente se fose preciso.