Uso da pantalla táctil
No momento da compra do dispositivo, a pantalla ten pegada unha lámina plástica
protectora. É necesario que extraia esta lámina antes de usar a pantalla táctil. Do
contrario, é posible que a pantalla táctil non funcione correctamente.
Cando o seu dispositivo está acendido e permanece inactivo durante un período de
tempo establecido, a pantalla escurécese para aforrar batería e bloquéase de xeito
automático. Este bloqueo evita accións non desexadas na pantalla táctil cando non está
a usala. Tamén pode axustar bloqueos personais para protexer a súa subscrición e
asegurarse de que só vostede pode acceder ó contido do seu dispositivo.
A pantalla do seu dispositivo está feita de cristal. Non toque a pantalla se o cristal está roto ou
esnaquizado. Evite tentar reparar vostede mesmo a pantalla. As pantallas de cristal son
sensibles ás caídas e ós golpes mecánicos. O servizo de garantía de Sony non cubre os casos
de neglixencia.
Para abrir ou resaltar un elemento
•
Pulse o elemento.
Marcar opcións
Caixa de verificación marcada
Caixa de verificación desmarcada
Activado
Desactivado
Para marcar ou desmarcar opcións
•
Pulse na caixa de verificación correspondente ou na tecla a carón do nome da
opción.
Utilizar o zoom
As opcións de zoom dispoñibles dependen da aplicación que estea a empregar.
8
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.
Para aplicar o zoom
•
Coloque dous dedos na pantalla á vez e xúnteos (para reducir o zoom) ou
sepáreos (para aumentar o zoom).
Cando use dous dedos na pantalla para aplicar o zoom, só pode aplicalo se ambos dedos
están dentro da zona ampliable. Se desexa, por exemplo, aplicar o zoom nunha foto,
asegúrese de que ambos dedos están dentro da área do marco da foto.
Desprazamento
Desprácese co movemento arriba e abaixo do seu dedo na pantalla. Nalgunhas páxinas
web tamén pode desprazarse cara os lados.
Ó arrastrar ou tocar lixeiramente a pantalla non se activará ningún elemento da mesma.
Para desprazarse
•
Arrastre ou toque lixeiramente co dedo na dirección que desexe para desprazarse
pola pantalla.
Para desprazarse con maior rapidez, toque lixeiramente co seu dedo na dirección na que
desexe ir na pantalla.
9
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.
Para tocar lixeiramente
•
Para desprazarse con maior rapidez, toque lixeiramente co seu dedo na dirección
na que desexe ir na pantalla. Pode agardar a que o movemento de
desprazamento se deteña por si mesmo, ou pode detelo inmediatamente
pulsando a pantalla.
Sensores
O dispositivo ten sensores que detectan a luz e a proximidade. O sensor de luz detecta
o nivel da luz ambiente e axusta o brillo da pantalla segundo isto. O sensor de
proximidade desactiva a pantalla táctil durante as chamadas de voz cando a súa orella
está preto da pantalla. Deste xeito, evítase que active outras funcións do dispositivo por
accidente mentres mantén unha chamada.