Permisos
Algunhas aplicacións poden precisar acceso a datos, configuración e varias funcións do
seu dispositivo para funcionar de xeito apropiado. Se é así, precisarán que lles dea os
permisos suficientes. Por exemplo, as aplicacións de navegación necesitan permisos
para enviar e recibir tráfico de datos e acceder á súa localización.
É posible que algunhas aplicacións non empreguen correctamente os seus permisos e
rouben ou eliminen datos ou informen da súa localización. Asegúrese de instalar e
outorgar permisos unicamente ás aplicacións nas que confíe.
Para ver os permisos dunha aplicación
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse
Configuración.
3
Pulse
Aplicacións.
4
Pulse a aplicación que desexe.
5
Desprácese cara abaixo para ver a información relevante en
Permisos.