Usar Google Maps™ para obter direccións
Use a aplicación Google Maps™ para obter direccións cando viaxe a pé, en transporte
público ou en coche. Pode engadir un acceso directo a un destino na súa pantalla de
inicio para obter rapidamente direccións estea onde estea.
Cando vexa un mapa, pode conectarse á Internet e os datos transfírense ó seu
dispositivo. Polo tanto é unha boa idea descargar e gardar mapas no seu dispositivo
antes de saír de viaxe. Deste xeito, pode evitar os custos da itinerancia.
Sony non garante a precisión de ningún dos servizos direccionais.
Uso da aplicación de navegación
Use a aplicación Navegación no dispositivo para obter instrucións paso a paso sobre
como chegar aos lugares. As direccións danse de xeito oral e tamén amósanse na
pantalla.
É posible que a aplicación Navegación non estea dispoñible en todos os mercados.
Para iniciar a navegación
1
Desde a súa pantalla, pulse .
2
Localice e pulse
Navegación.
107
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.