Uso do GPS
O seu dispositivo dispón dun receptor de sistema de posicionamento global (GPS) que
usa sinais por satélite para calcular a súa localización.
Cando utilice funcións que precisen que o receptor GPS detecte a súa localización, asegúrese
de que se atopa nun lugar sen obstáculos que tapen o ceo.
Para activar o GPS
1
Desde a pantalla de inicio, pulse .
2
Pulse
Configuración > Servizos de localización.
3
Marque a caixa de verificación
Satélites GPS.
Obter o maior rendemento
A primeira vez que utilice o GPS, pode tardar entre 5 e 10 minutos en atopar a súa
localización. Para axudar na procura, asegúrese de ter unha visión clara do ceo.
Permaneza quieto e non cubra a antena GPS (a zona marcada na imaxe). O sinal do
GPS pode atravesar nubes e plástico, pero non pode pasar a través da maioría de
obxectos sólidos, como edificios ou montañas. Se a súa localización non se atopa
despois duns minutos, móvase a outra localización.