Descrición xeral de configuración
Coñeza a configuración do seu dispositivo de xeito que poida personalizalos segundo as
súas necesidades.
rede sen fíos
Permite activar ou desactivar a Wi-Fi®, escanear as redes Wi-
Fi® dispoñibles ou engadir unha rede Wi-Fi®.
Bluetooth
Permite activar ou desactivar o Bluetooth™, procurar
dispositivos dispoñibles por Bluetooth™ e facer o seu
dispositivo visible ou invisible para outros dispositivos
Bluetooth™.
Uso de datos
Permite activar ou desactivar o tráfico de datos móbil e seguir a
pista dos detalles de uso de datos nun período de tempo
determinado.
Máis...
Permite activar ou desactivar o modo avión, axustar a
configuración para redes VPN e móbiles e activar o seu
dispositivo para compartir a conexión de datos móbil como
lugar de conexión Wi-Fi® portátil ou a través da ancoraxe do
USB ou Bluetooth™. Tamén pode activar ou desactivar a
función NFC.
Axustes de
chamada
Permite xestionar e axustar a configuración dos números de
marcación fixa, o correo de voz e chamadas pola Internet.
Son
Permite configurar o son, a vibración e as alertas do seu
dispositivo ao recibir comunicacións. Tamén pode usar esta
configuración para establecer o volume da música, vídeo, xogos
ou doutros ficheiros multimedia con son e outros axustes
relacionados.
Pantalla
Permite activar a pantalla para cambiar a orientación cando xira
o seu dispositivo. Tamén pode establecer o brillo, o tamaño da
fonte, o fondo e o tempo de espera.
Almacenamento
Permite comprobar o espazo libre dispoñible na memoria
interna e na tarxeta SD. Tamén pode eliminar o contido da
tarxeta SD ou extraela de xeito seguro.
Xestión de enerxía
Permite activar ou desactivar o modo STAMINA. Tamén pode
ver o estado da batería e o xeito no que as diferentes
aplicacións consomen enerxía da batería.
Aplicacións
Permite xestionar as aplicacións en curso, as aplicacións
descargadas e as da tarxeta SD.
Xperia™
Permite acceder á diferente configuración personalizada do seu
dispositivo Xperia, por exemplo, o modo de conexión USB,
Internet, duplicación de pantalla e axustes de Throw.
Servizos de
localización
Permite activar ou desactivar o acceso á información da súa
localización.
Seguridade
Permite protexer o seu dispositivo mediante o axuste de
diferentes bloqueos e contrasinais. Tamén pode permitir a
instalación de aplicacións que non procedan de Google Play™.
Idioma e entrada
Permite seleccionar o idioma do dispositivo, axustar as opcións
de entrada de texto e configurar axustes do discurso.
118
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.
Copia de
seguridade e
restabl.
Permite efectuar unha copia de seguridade dos seus datos e
restablecer o seu dispositivo.
Guía de
configuración
Permite obter axuda acerca dos axustes do seu dispositivo.
Engadir conta
Permite engadir unha conta, por exemplo, unha conta de correo
electrónico ou una conta de Google™.
Data e hora
Permite axustar a hora e a data ou escoller usar os valores
fornecidos pola rede. Seleccione o formato de data e hora que
prefira.
Accesibilidade
Permite activar os seus servizos de accesibilidade instalados e
axustar os axustes relacionados.
Opcións para quen
desenvolva
Permite establecer opcións para o desenvolvemento de
aplicacións. Por exemplo, pode amosar o uso da CPU na
pantalla de inicio ou establecer o seu dispositivo para que entre
en modo desenvolvedor cuando estean activas as conexións
USB.
Verbo do teléfono
Permite ver información sobre o seu dispositivo, como o número
de modelo o a cobertura. Tamén pode actualizar o seu software
para obter a versión máis recente.