Utilizar o reprodutor de música
Para reproducir contido de son
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse e, a continuación, localice e pulse .
2
En
A miña música, seleccione unha categoría de música e navegue ata a canción
que desexe abrir.
3
Pulse unha canción para reproducila.
É posible que non poda reproducir elementos protexidos con copyright. Por favor, verifique
que ten os dereitos necesarios do material que desexe compartir.
Para cambiar as cancións
•
Durante a reprodución dunha canción, pulse ou .
•
Durante a reprodución dunha canción, mova a portada cara á dereita ou a
esquerda.
Para facer unha pausa nunha canción
•
Pulse .
Para avanzar rápido e rebobinar música
•
Manteña premido ou .
Tamén pode arrastrar o marcador do indicador de progreso cara á dereita ou á esquerda.
Para axustar o volume do son
•
Prema a tecla de volume.
Para mellorar a calidade do son usando o ecualizador
1
Cando o reprodutor de música estea aberto, toque .
2
Pulse
Axustes > Efectos de son.
3
Seleccione un axuste, logo pulse
Aceptar para confirmar.
Para activar a característica de son envolvente
1
Cando o reprodutor de música estea aberto, toque .
2
Pulse
Axustes > Efectos de son > Melloras de son > Axustes > Son envolvente
(VPT).
3
Seleccione un axuste, logo pulse
Aceptar para confirmar.
Para ver a cola de reprodución actual
•
Mentres se reproduce unha canción na aplicación "WALKMAN", pulse >
Cola de
reprodución.
Para minimizar o reprodutor de música
•
Cando o reprodutor de música estea funcionando, pulse para ir á pantalla
anterior ou pulse para ir á Pantalla de inicio. O reprodutor de música sigue coa
reprodución nun segundo plano.
Para abrir o reprodutor de música cando está funcionando en segundo plano
1
Cando unha canción se está a reproducir nun segundo plano, arrastre para
abrir o panel de notificacións.
2
Pulse o título da canción para abrir o reprodutor de música.
Para eliminar unha canción
1
En
A miña música, navegue ata a canción que desexe eliminar.
2
Toque e manteña o título da canción, despois pulse
Eliminar.
Tamén pode eliminar álbums deste xeito.
55
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.
Para enviar unha canción
1
En
A miña música, cando navegue polas súas cancións, toque e manteña o título
dunha canción.
2
Pulse
Enviar.
3
Seleccione unha aplicación da lista e siga as instrucións en pantalla.
Tamén pode enviar álbums e listas de reprodución deste mesmo xeito.
Para marcar "Gústame" nunha canción en Facebook™
1
Durante a reprodución dunha canción co reprodutor de música, pulse nunha
portada do álbum.
2
Pulse para que aparezca "Gústame" na canción en Facebook™. Se o desexa,
engada un comentario no campo de comentarios.
3
Pulse
Compartir para enviar a canción a Facebook™. Se a canción se recibe
correctamente, obterá unha mensaxe de confirmación de Facebook™.