Sony Xperia M - Sobre Video Unlimited

background image

Sobre Video Unlimited

Use o servizo Video Unlimited para alugar e mercar vídeos que pode ver non só no seu
dispositivo Android, seno tamén nun PC, PlayStation

®

Portable (PSP

®

), PlayStation

®

3

ou PlayStation

®

Vita. Seleccione o que desexa entre as últimas estreas de Hollywood,

películas de acción, comedias, cine clásico e unha ampla gama de categorías.

É posible que Video Unlimited non estea dispoñible en todos os países ou rexións.

Para abrir Video Unlimited

1

Desde a Pantalla de inicio, pulse .

2

Localice e pulse .

Descrición xeral do menú de Video Unlimited

Conta

Ver información da súa conta

A miña colección

Ver todo o seu contido de vídeo gardado

Configuración

Ver e modificar a configuración da súa conta e os axustes das compras e

descargas

Engadir ao cesto

Engadir o vídeo actual a unha lista de desexos

Eliminar todo

Eliminar todos os elementos da lista de desexos

Eliminar da lista de desexos Eliminar o vídeo que está a ver da lista de desexos

Compartir información

Compartir información sobre o vídeo actual a través dunha rede social, correo

electrónico, Bluetooth ou outro método

Termos legais

Ver a información legal

O menú de Video Unlimited é dinámico, é dicir, non todas as opcións están sempre

dispoñibles. Por exemplo, a opción para eliminar todos os elementos da lista de desexos só

está dispoñible cando está a visualizar a lista.

Para abrir o menú de Video Unlimited

Cando a aplicación Video Unlimited estea aberta, pulse .

Crear unha conta Video Unlimited

Necesita crear unha conta de Video Unlimited se quere mercar ou alugar películas a
través do servizo Video Unlimited. Se xa ten unha conta de rede PlayStation

®

ou unha

conta de Sony Entertainment Network, entón pode usar esa conta.

Explorar a selección de vídeos de Video Unlimited

Busque os vídeos por categoría ou introduza texto para buscar un elemento en

concreto. Tamén pode previsualizar os vídeos que lle interesen.